Consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo.
TR341D
As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente por medios electrónicos.
As subvencións resolveranse por orde de rexistro de entrada das solicitudes presentadas.
Subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidos, se formalicen desde o 1 de outubro de 2020 ata o 30 de setembro de 2021, ambos inclusive.
Requisitos:
-Estar inscrito como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, carecendo de ocupación efectiva segundo informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e atoparse en tal situación na data de inicio da actividade laboral.
- Que non desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores.
As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.
A contía da subvención irá dende os 2.500 ata os 10.00 euros, dependendo do caso.
Máis información no DOG do 4 de agosto:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210804/AnuncioG0599-220721-0002_gl.pdf