Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2019

Subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos. O prazo de presentación remata o 27 de maio. Información ás persoas interesadas: Nos teléfonos 981 54 55 57 ou 981 54 59 15 da Dirección Xeral de Comercio e Consumo. Requisitos: Que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan nos anexos II e III e que esta constitúa a actividade principal da persoa solicitante. No caso de quea actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II. No caso de actuacións de posta en marcha de expansión comercial previstas no artigo 4.3, deberán exercer a actividade comercial de forma ininterrompida nos últimos dous anos, contados a partir da data de fin do prazo de presentación de solicitudes. d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadra

CONVOCATORIA DO PROGRAMA EMPREGA MULLER PARA A CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA E A FORMACIÓN DE MULLERES DESEMPREGADAS

ORDE do 3 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea, cofinanciada polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR350A). Obxecto, finalidade e principios de xestión Coa finalidade de facilitar a inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, e proceder á súa convocatoria para o 2019 dos incentivos á súa contratación por conta allea. Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación por conta allea e a formación (procedemento TR350A). Inclúense dous tipos de axuda compatibles: a) Bono de contratación , por medio do cal se proporci

AXUDAS PARA NOVOS EMPRENDEDORES. GALICIA EMPRENDE 2019

 Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación de pequenas e medianas empresas xa creadas que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme.  Considérase novo emprendedor, para os efectos destas bases, aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda ou ben que, aínda desempeñando unha actividade económica por conta propia no momento da solicitude de axuda, tanto a alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) coma o alta censual non superen os 42 meses na data de presentación da solicitude de axuda. Os autónomos societarios non teñen a condición de novo emprendedor. Considérase nova peme, para os efectos destas bases, aquela en que tanto a súa data de constitución como a súa data de alta censual non teñan unha antigüidade superior a 42 meses no momento

Programa Emprega Xuventude de incentivos á contratación e formación de persoas mozas

Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais e ás temporais cunha duración inicial mínima de doce meses que se celebren desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019 con persoas desempregadas menores de 30 anos. Deberá ser a tempo completo. Inclúense dous tipos de axuda compatibles: a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima inicial de doce meses das persoas desempregadas mozas menores de 30 anos. b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo. As solicitudes de axudas polas contratacións por conta allea subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2018 e o 9 de abril de 2019 deberán presentarse ata o día 10 de xuño de 2019. As axudas previstas p