Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2021

Programa II. Microempresas (código de procedemento TR500B). II Plan de rescate das persoas autónomas e das Microempresas

Enlace ao DOG Establécese un procedemento de concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva, de acordo co disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que, de acordo coa finalidade e co obxecto do programa,   non resulta necesario realizar a comparación das solicitudes presentadas nun único procedemento, senón que a concesión da axuda se realiza pola comprobación da concorrencia na persoa ou entidade solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario.  Non obstante, naqueles supostos en que se lles requira aos solicitantes a emenda de erros ou omisións na solicitude ou na documentación presentada, ou se presenten documentos posteriores, entenderase por rexistro de entrada da solicitude a data en que o dito requirimento estea correctamente atendido. O prazo de presentación ábrese o día 19 de febreiro de 2021. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formula

Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A). II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19

 Establécese un procedemento de concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva, de acordo co disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que, de acordo coa finalidade e co obxecto do programa, non resulta necesario realizar a comparación das solicitudes presentadas nun único procedemento, senón que a concesión da axuda se realiza pola comprobación da concorrencia na persoa ou entidade solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario.  Non obstante, naqueles supostos en que se lles requira aos solicitantes a emenda de erros ou omisións na solicitude ou na documentación presentada, ou se presenten documentos posteriores, entenderase por rexistro de entrada da solicitude a data en que o dito requirimento estea correctamente atendido. O prazo de presentación ábrese o día 19 de febreiro de 2021. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado

Axudas extraordinarias e de reforzo COVID-19 a persoas emigrantes galegas retornadas (DOG 17/02/2021)

  – Liña 1 «Axudas extraordinarias»: teñen por finalidade axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do retorno.   – Liña 2 «Axudas reforzo COVID-19»: teñen por finalidade apoiar a unidade familiar polas dificultades de inserción sociolaboral no contexto actual de pandemia. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva. A concesión destas axudas efectuarase atendendo en todo caso á data de presentación de cada unha das solicitudes con toda a documentación relacionada no artigo 9 e estará, en calquera caso, condicionada á existencia de crédito orzamentario. Persoas beneficiarias 1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as seguintes persoas que, residindo fóra de España con nacionalidade española, establezan a súa residencia na Comunidade Autónoma galega:   a) As persoas galegas e nacicidas en Galicia.   b) Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal das persoas galegas e nadas en Galicia. c)

NOVA: As empresas poderán comunicar desde o día 6 de febreiro ante a Xunta o cambio de ERTE sen necesidade de tramitar un novo expediente

Simplifícase a tramitación dos cambios entre modalidades de Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) promovidos polos empresarios para adaptarse ás medidas sanitarias decretadas en cada momento. O novo procedemento ponse a dispor dos interesados por medio da Sede Electrónica da Xunta. As empresas poderán trasladar á Xunta o cambio na situación dos seus traballadores sen necesidade de iniciar un novo expediente, o que permitirá á Autoridade Laboral galega tramitar con maior axilidade as súas peticións para dar traslado das mesmas ao Goberno do Estado, para que as execute e proceda aos pagos das prestacións. Mediante este mecanismo basta con que os empresarios aporten a data de efecto do cambio, os centros e persoas afectadas e xustifiquen que as novas circunstancias son de coñecemento dos representantes das traballadoras e traballadores. A empresa deberá aplicar as porcentaxes de exoneración das cotas da Seguridad Social correspondentes, en función do tipo de ERTE vixente e

Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos esteblecementos turísticos de aloxamento e de restauración.

Prazo de presentación: ata o 4 de marzo de 2021 1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia (TU503A). En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos: a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues turísticos , de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro. b) As empresas de restauración que se enmarquen dentro do grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro. Enlace á Lei 7/2011.  https://www.boe.es/buscar/pdf/2011/BOE-A-2011-19058-consolidado.pdf 2. Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2021 e en ningún caso se admi

Subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares para o ano 2021

 Estas axudas xestionaranse coa intervención de entidades colaboradoras. Convócanse en réxime de concorrencia non competitiva. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 3 de marzo, ás 9.00 horas, e finalizará o 1 de xullo de 2021. O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos para subministración en vivendas ou inmobles de carácter residencial. 1. Serán subvencionables:  a) Os paneis solares fotovoltaicos.  b) O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cableado, equipamentos de medidas, etc), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota, etc.) e sistema de acumulación con baterías  c) O resto de accesori

Axudas para a adquisición de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 para o ano 2021 (VI435A)

 A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto nesta convocatoria. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 3 de febreiro de 2021 e rematará o 1 de setembro de 2021 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario. A subvención máxima que se concederá será de 10.800 euros. 1. Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que, tendo menos de 35 anos na data de presentación da correspondente solicitude, reúnan os seguintes requisitos :  a) Posuír a nacionalidade española ou, no caso de seren estranxeiras, ter a residencia legal en España b) Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM).  Este límite será de catro veces o IPREM se se trata dunha familia numerosa de categoría xeral