Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2018

Axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais

Liña 3. Investimentos destinados a accións de mellora na adaptación, substitución ou adquisición de equipamentos de traballo e adaptacións de postos de traballo. Poderán ser beneficiarias desta liña: As medianas, pequenas empresas e microempresas, así como as persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras ao seu cargo, que teñan o seu domicilio social e polo menos un centro de traballo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Ningunha empresa poderá percibir unha contía cuxo importe supere o 50 % do custo subvencionable realizado nela, e o límite máximo nunca poderá exceder un total de 15.000 euros. Accións subvencionables   1. Serán subvencionables os investimentos en prevención de riscos laborais para uso propio da empresa (exclúense os adquiridos para venda ou alugamento), sempre que a mellora da necesidade preventiva quede reflectida na avaliación de riscos e estea recollida na planificación da actividade preventiva a que se refire a Lei 31/1995, do 8 d

Programa a prol da contratación e formación das mulleres desempregadas (TR350A)

Obxecto Facilitar a inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo. Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación, e a formación (procedemento TR350A). Persoas beneficiarias Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde. Ámbito temporal de aplicación e contratacións subvencionables Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas  realizadas con mulleres desempre

GALICIA EMPRENDE - AXUDAS DO IGAPE PARA NOVOS EMPRENDEDORES (2018)

Finalidade / Obxectivo Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación en pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme. Tipos de apoio Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva. Beneficiarios potenciais 1. As pequenas e medianas empresas que cumpran as seguintes condicións: a) Composición do capital, no caso de sociedades mercantís: 1º O seu capital terá que atoparse maioritariamente participado pola suma das participacións de persoas físicas que non estean acometendo outras actividades económicas por conta propia á data de presentación da solicitude e das achegas de entidades de capital risco e investidores privados adscritos a unha rede asimilable ás coñecidas como redes de business-angels. Cando da documentación e datos que consten no expediente, se deduza que se produce contin

Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas

Serán persoas beneficiarias destas axudas a persoa traballadora autónoma que vai transmitir o seu negocio por cesamento, e que no momento da transmisión estea nalgunha das seguintes situacións no momento da transmisión do negocio: a) Que teñan 63 anos ou máis.   b) Pola declaración de incapacidade total ou absoluta (incluíndo grande invalidez) recoñecida polos órganos competentes da Seguridade Social. c) As persoas herdeiras no caso de falecemento da persoa traballadora autónoma titular do negocio. No caso das persoas traballadoras autónomas societarias, para ser beneficiarios desta axuda, a transmisión das accións ou participacións da sociedade debe supoñer o control da sociedade por parte do adquirente, é dicir, posuír máis do cincuenta por cento das accións ou participacións da sociedade. No caso de transmisión do negocio por ter a persoa traballadora autónoma 63 anos ou máis, debe levar máis de 48 meses de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA). Tamén s