Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2021

III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19

  Estas axudas directas terán carácter finalista e deberán aplicarse a satisfacer a débeda e realizar pagamentos a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros, así como os custos fixos en que se incorrese, sempre e cando estes fosen devindicados entre o 1 de marzo de 2020 e 31 de maio de 2021 e procedan de contratos anteriores á entrada en vigor do Real decreto lei 5/2021 do 12 de marzo. En primeiro lugar, satisfaranse os pagamentos a provedores, por orde de antigüidade e, se procede, reducirase o nominal da débeda bancaria, primando a redución da débeda con aval público.   As axudas concederanse por orde de entrada da solicitude. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 14 de xuño ata o 14 de xullo de 2021, ambos inclusive.   Persoas beneficiarias   1. Poderán ser beneficiarios das axudas directas previstas nesta orde: a) As persoas traballadoras autónomas, empresarias ou profesionais que apliquen o réxime de estimación obxectiva no impo