Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2021

Programa II. Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e formación de persoas asalariadas (TR349F)

 Inclúense dous tipos de axuda compatibles: a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.  b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.  Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2020 e o 4 de agosto de 2021 deberán presentarse ata o 4 de outubro de 2021. As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde o día 5 de agosto de 2021 deberán solicitars

Consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo.

 TR341D As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente por medios electrónicos. As subvencións resolveranse por orde de rexistro de entrada das solicitudes presentadas. Subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidos, se formalicen desde o 1 de outubro de 2020 ata o 30 de setembro de 2021, ambos inclusive. Requisitos:  -Estar inscrito como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, carecendo de ocupación efectiva segundo informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e atoparse en tal situación na data de inicio da actividade laboral. -  Que non desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dit