Prazo de presentación de
solicitudes: ata o 22 de maio. A presentación será unicamente por medios
electrónicos.
Beneficiarios: As pequenas empresas situadas en zonas
rurais. Autónomos. Titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa
unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non
agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación
Serán subvencionables os proxectos destinados á ampliación e/ou
modernización de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias nos
seguintes sectores e ámbitos de actividade: a) Industrias, fábricas e locais
destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os
investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou
fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o
produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos
investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de funcionamento da
Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade
excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 30.000 €.
c) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión
das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de
servizos enerxéticos.
d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de
persoas con discapacidade, granxas escola...).
e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.
f) Artesanía e actividades artesanais.
g) Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio
electrónico.
h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos
técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.
O investimento proxectado deberá
mellorar o rendemento global da empresa solicitante. Para estes efectos,
deberá acadar algún dos seguintes obxectivos: Aumentar a competitividade da empresa. Reducir os custos. Aumentar o valor engadido. Reducir o impacto ambiental. Mellorar a
rastrexabilidade e seguridade das producións. Diversificar as producións e/ou
os mercados. Mellorar a calidade das producións. Implantar novos produtos,
procesos ou tecnoloxías. Mellorar a comercialización das producións.
Quedarán excluídos aqueles
proxectos que presenten un orzamento elixible inferior a 10.000 € e/ou superior
a 300.000 €.
Con carácter xeral, serán
subvencionables:
a) Compra de maquinaria e
equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios
para o seu desenvolvemento.
b) Adquisición de patentes e
licenzas relacionadas coa maquinaria e equipamento subvencionado
A axuda será do 45 % dos gastos subvencionables.