Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración
Serán subvencionables ao abeiro deste
programa as contratacións indefinidas iniciais realizadas con persoas desempregadas paradas de longa duración que
se formalicen desde o día 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017,
ambas inclusive.
A contratación indefinida inicial poderá
ser a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo
descontinuo.
A persoa traballadora pola que se solicita
a subvención debe ser persoa desempregada parada de longa duración, segundo o
establecido no artigo 5 desta orde. Para os efectos desta orde entenderase por
persoa desempregada de longa duración aquela de 45 ou máis anos de idade, que
na data da súa alta no correspondente réxime da Seguridade Social estea sen
traballo e acredite un período de inscrición como desempregada no Servizo
Público de Emprego de, polo menos, doce meses durante os dezaoito meses
anteriores á súa contratación.
A contía da axuda irá dende os 10.000 aos
15.625 euros, dependendo do caso de que se trate.
As solicitudes presentaranse
obrigatoriamente por medios electrónicos.
As solicitudes de axudas polas
contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e o 6 de
abril de 2017, deberán solicitarse ata o día 6 de xuño de 2017.
As axudas previstas polas contratacións
subvencionables realizadas dende o día 7 de abril deberán solicitarse ata o
último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral
indefinida pola que se solicita subvención.
O prazo para a presentación das
solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2017, aínda que nesa data
non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anteriores.
DOG 06/04/2017