Subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 24 de abril de 2017.
Obxecto: Instalacións
para o quecemento dun fluído mediante equipamentos que
utilicen como fonte enerxética a xeotérmica, aerotérmica ou a solar térmica.
Beneficiarios: Empresas, institucións sen ánimo de
lucro e particulares.
O investimento para que a actuación sexa subvencionable deberá
superar os 3.000 euros (IVE excluído).
Serán
subvencionables:
a)Equipamento principal de xeración enerxética (bomba de calor ou paneis
solares). b) Custo de montaxe e conexión. c) Accesorios para o
correcto funcionamento do sistema salvo os equipamentos emisores que
non formen parte do equipamento xerador e os elementos de distribución da calor
fóra da sala de caldeiras. d) No caso da enerxía xeotérmica, o
sistema de captación do recurso xeotérmico: sondaxes, intercambiadores,
acumuladores, tubaxes, etc.
Non son subvencionables:
a) O
IVE, excepto cando non sexa recuperable b) Os gastos de funcionamento da
actividade subvencionada e material funxible, en xeral. c) Os gastos anteriores
á presentación da solicitude. d) A reposición ou mera substitución de equipamentos
existentes e)
Equipamento e materiais non funxibles de segunda man. f) A simple reposición ou
substitución de equipamentos e maquinarias g) As obras de mantemento. h) Os
gastos de alugamento. i) As taxas e licenzas administrativas. j) Na
adquisición de bens e servizos mediante contratos públicos os pagamentos efectuados
polo contratista á Administración en concepto de taxa de dirección de obra ou
control de calidade. k) As conducións de distribución interior do calor e os
equipamentos emisores, salvo cando estes sexan parte activa do circuíto de
xeración térmica.
A intensidade da axuda será do 30 % ; 40% para as medianas
empresas, e 50% para as pequenas empresas e as persoas físicas.
Teléfono
de información: Inega 981 54 15 00
Máis información: