a) Iniciativa Xove
Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade poñer en marcha as súas
ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.
b) Promoción de hábitos
saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación
xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación.
c) Fomento de actitudes
creativas e innovadoras da xuventude na súa comunidade e na súa contorna.
d) Fomento da inclusión
social e laboral e da accesibilidade dos mozos e mozas pertencentes a
colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables.
e) Creación de espazos
para a comunicación e novas tecnoloxías.
f) Fomento da
participación e do empoderamento das mulleres novas galegas para que colaboren
activamente na toma de decisións, na xestión e na execución, desde o asociacionismo
ou desde os grupos informais.
g) Conservación do
ambiente e do patrimonio cultural e natural, así como a súa posta en valor.
h) Desenvolvemento e
dinamización do medio rural.
i) Dinamización da lingua
galega entre a mocidade.
Proxectos subvencionables: Só se poderá presentar un proxecto por solicitante e o seu orzamento total non
poderá ser superior a 5.000 euros. Non se admitirán a trámite as solicitudes de
axudas para proxectos cuxo orzamento sexa superior á citada contía.
Beneficiarios:
a) Os grupos informais de mozos e
mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil e que reúnan os requisitos
establecidos no artigo 5 da orde.
b) As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións que as conforman.
b) As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións que as conforman.
Prazo de presentación de
solicitudes: ata o 26 de maio