Ir al contenido principal

SUBVENCIÓNS PARA ACTUACIÓNS EN MATERIA DE ECOINNOVACIÓN COMERCIAL

ORDE do 27 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento CO300D).
Poderán ser beneficiarias das subvencións, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:
1. Comerciantes retallistas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o seu domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de cincuenta (50) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
c) Que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan nos anexos II e III e que esta constitúa a actividade principal do solicitante. No caso de que a actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberán estar dados de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.
d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.
2. Obradoiros artesáns que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
En caso de novos obradoiros, terán ata o último día de prazo para a presentación de solicitudes para solicitar a inscrición no dito rexistro.
3. As asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas, e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

4. As asociacións de comerciantes de carácter territorial, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, que leven a cabo proxectos de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 9 de agosto de 2019.

Actuacións subvencionables:

1. E-ticket:

Poderán ser beneficiarios desta actuación os comerciantes retallistas e os obradoiros
artesanais previstos no artigo 3.
O establecemento poderá adherirse á plataforma de ticket dixital desenvolvida pola
Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración coa Federación Galega de
Comercio. A antedita plataforma permite aos clientes e aos comercios coñecer o estado e
a garantía das súas compras/vendas, evitando os inconvenientes do ticket tradicional ante
a súa perda ou deterioración, ademais de minimizar o uso do papel e contaminantes vinculados
á impresión. A axuda consistirá na adhesión á antedita plataforma.

2. Ecoenvases: 

solucións sustentables de empaquetado de produto e para o seu envío, de ser o caso, coa utilización de materiais cen por cen biodegradables.
Poderán ser beneficiarios desta actuación os comerciantes retallistas, os obradoiros artesanais e as asociacións de vendedores das prazas de abastos e Centros comerciais abertos previstos no artigo 3.
Poderán acollerse nesta epígrafe solucións sustentables de envasado, empaquetado exterior, tanto para o seu envío como para a presentación do produto, protección ou para o seu consumo.
En todo caso as bolsas, no caso de seren de plástico, deberán ser compostables, que cumpran os requisitos da norma europea vixente EN 13432:2000 «Envases e embalaxes. Requisitos dos envases e embalaxes valorizables mediante compostaxe e biodegradación. Programa de ensaio e criterios de avaliación para a aceptación final do envase ou embalaxe» e nas súas sucesivas actualizacións, así como as bolsas de plástico que cumpran os estándares europeos ou nacionais de biodegradación a través de compostaxe doméstica.
O investimento máximo subvencionable para esta epígrafe será de 4.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe da subvención será do 70 %.

3. Economía circular.

Poderán ser beneficiarios desta actuación os comerciantes retallistas e os obradoiros artesanais previstos no artigo 3.
Considérase subvencionable a implantación ou posta en marcha de proxectos ecoinnovadores, que poderán referirse ás seguintes áreas:
• Implantacións de negocios ou liñas de negocios comerciais baseados en procesos de
economía circular, incluídos proxectos de modelos de negocio onde polo menos o 70 % da
oferta de produto non sexa de primeira manufactura.
• Proxectos de negocios que introduzan polo menos o 70 % da oferta de produtos con
etiquetaxe ecolóxica.
• Proxectos de recollida de residuos téxtiles ou alimentarios para a súa reciclaxe.
A subvención consistirá nunha axuda por beneficiario de 1.500 € para o pulo de proxectos
ecoinnovadores que inclúan actuacións descritas nesta epígrafe.


 Non se consideran gastos subvencionables:
Segundo o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en
ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan
susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
Tampouco serán subvencionables o material promocional ou actuacións de publicidade
sobre as actuacións subvencionadas.

ANEXO II
Epígrafes do IAE subvencionables
641. Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.
642. Comercio polo miúdo de carnes e miúdos; de produtos derivados cárnicos elaborados:
de ovos, aves, coellos de granxa, caza; e de produtos derivados deles.
643. Comercio polo miúdo de peixes e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.
644. Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.
645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas clases.
647. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e bebidas en xeral (agás 647.4 e 647.5).
651. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.
652. Comercio polo miúdo de medicamentos, artigos de drogaría e limpeza, perfumaría e cosméticos (agás 652.1).
653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción (agás 653.4).
656. Comercio polo miúdo de bens usados tales como mobles, artigos e enxoval ordinario de uso doméstico.
657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.
659. Outro comercio polo miúdo.
665. Actividades empresariais de comercio realizadas fóra do establecemento permanente:
«comercio retallista por correo o catálogo». No caso de comercio en liña, non será
subvencionable a comercialización en liña de produtos ou servizos non comprendidos no
ámbito de aplicación da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.
ANEXO III
Epígrafes do IAE subvencionables
25.2-Fabricante de xabóns tocador e produtos de perfumaría.
253.6-Fabricante de aceites esenciais e substancias aromáticas.
41-Industria de produción de produtos alimenticios.
421-Industria de cacao, chocolate e produtos de confeitaría.
43-Industria téxtil.
44-Industria do coiro.
45-Industria do calzado e vestido e outras confeccións téxtiles.

Entradas populares de este blog

Subvenciones para el Programa de modernización del comercio: Fondo Tecnológico, en el marco del Plan de recuperación, transformación y resiliencia financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU, y se procede a su convocatoria para el año 2023 (código de procedimiento CO300G)

 Subvenciones en régimen de concurrencia no competetiva. 1. Las solicitudes se presentarán obligatoriamente por medios electrónicos, a través del formulario normalizado disponible en la sede electrónica de la Xunta de Galicia, https://sede. xunta.gal. 2. El plazo para la presentación de solicitudes será de un mes contado a partir del día siguiente al de la publicación de esta orden en el Diario Oficial de Galicia.  Las subvenciones serán concedidas hasta el agotamiento del crédito presupuestario de acuerdo con lo establecido no artículo 19.2 de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia 1.1. Línea de ayudas destinada a personas autónomas y pequeñas y medianas empresas comerciales.  Las personas físicas o jurídicas, comunidades de bienes o cualquier otro tipo de unidad económica o patrimonio separado sin personalidad jurídica, legalmente constituidas, que cumplan los siguientes requisitos:  a) Que el establecimiento comercial para el cual se solicita la ayuda tenga caráct

Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018- 2021 para o ano 2019

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 10 de outubro de 2019. Axudas para a concesión (código de procedemento VI432A) e a renovación (código de procedemento VI432B) dos seguintes programas de axudas ao alugamento de vivendas. a) Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económi­cos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas. b) Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente : a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas. Requisitos das persoas beneficiarias 1. Poderán ser beneficiarias das axudas da liña A , axuda ao alugamento de vivenda, as persoas físicas maiores de idade que na data da presentación da solicitu

PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE PARA PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

 Se establecen dos tipos de apoyo a las personas trabajadoras autónomas: 1ª. Para las que cesaron en su actividad y van a volver a emprender un negocio como personas trabajadoras autónomas y son demandantes de empleo en el momento previo a la nueva alta como persona trabajadora autónoma. Su finalidad es facilitar la vuelta a la actividad económica a la persona emprendedora a quien le fue mal en su anterior negocio pero que tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender, en el mismo o en diferente sector. 2ª. Para las que estén de alta como personas trabajadoras autónomas y quieren volver a emprender en otro sector. La finalidad es facilitar el cambio de actividad económica a la persona emprendedora que desea cambiar su actividad, tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender y quiere hacerlo en otros sectores económicos como los considerados emergentes o vinculados a la economía circular, entre otros. Los apoyos del progr