Ir al contenido principal

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS EMPRESARIAIS E DE AUTOEMPREGO. Proxecto emprendOU


Subvencións  en réxime de concorrencia non competitiva, a persoas físicas que leven a cabo proxectos empresariais e/ou de autoemprego en municipios rurais na provincia de Ourense durante o exercicio 2019, no marco do proxecto EmprendOu.

Requisitos dos beneficiarios e dos proxectos empresariais.
1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas físicas que, a partir do 8 de xaneiro de 2019, desenvolvan actividades empresariais ou profesionais por conta propia sempre que cumpran ademáis os seguintes requisitos, referidos á data de inicio da actividade  subvencionable ou á data específica que se indica en cada caso:
a) Ser maior de 16 anos e menor de 30 anos de idade.
b) Atoparse inscrito no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
c) Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da Unión Europea ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou de Suíza, ou ser estranxeiros titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
d) Estar dado de alta como residente no padrón dalgún dos municipios ourensáns elixibles recollidos no anexo I  na data de alta na actividade e durante todo o período subvencionable. O centro de traballo da actividade terá que situarse nese mesmo municipio.
e) Non ter traballado, nin recibido accións educativas ou formativas no día natural anterior ao inicio da actividade subvencionable.
f) Estar dado de alta na Seguridade Social en calquera réxime para o exercicio de actividades por conta propia, ou como exercinte nunha mutualidade colexial, a partir do inicio da actividade subvencionable e durante un período ininterrompido mínimo de seis meses dende o inicio da dita actividade.
g) Estar dado de alta para a actividade subvencionada no municipio elixible no censo de empresarios, profesionais e retenedores da Axencia Estatal Tributaria, mediante o modelo ordinario (modelo 036) ou simplificado (modelo 037)
2. Para os efectos destas bases, entenderanse incluídas como persoas beneficiarias as que, cumprindo os requisitos esixidos no apartado anterior, exerzan a súa actividade por conta propia en relación cunha sociedade civil, comunidade de bens ou entidade mercantil, que terán que solicitar o acceso a estas axudas a título individual.

Quedan expresamente excluídas as persoas autónomas ou profesionais colexiados cando a súa actividade se realice como socio traballador nunha empresa de economía social (cooperativa de traballo asociado ou sociedade limitada laboral)

Contía:  A subvención á que poderán acceder as persoas solicitantes consistirá nunha axuda económica equivalente ao 75 % do salario mínimo interprofesional por cada mes de exercicio efectivo da actividade subvencionada, cun mínimo de 6 meses e un máximo de 12 meses.

Solicitudes: as solicitudes dos interesados deberan presentarse exclusivamente de forma electrónica, a través do Rexistro Electrónico da Deputación Provincial de Ourense, ou no rexistro electrónico de calquera das entidades públicas recollidas no
artigo 2.1 da Lei 39/2015, sempre que, neste último caso, o dito rexistro se atope integrado no sistema SIR.
As solicitudes poderán presentarse en calquera momento dende a publicación da convocatoria e ata o 30 de novembro de 2019.

Presentada a solicitude, a Deputación Provincial procederá á comprobación da corrección da documentación achegada. No caso de que se advertisen defectos materiais na dita documentación, a Presidencia poderá conceder un prazo de ata dez días hábiles para a súa emenda. Verificada a corrección da documentación presentada, as subvencións adxudicaranse pola Xunta de Goberno seguindo a orde de prelación establecida pola data e hora da presentación das solicitudes no Rexistro Electrónico da Deputación de Ourense.


Máis información:
https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=121&fecha=20190529


Entradas populares de este blog

Subvenciones para el Programa de modernización del comercio: Fondo Tecnológico, en el marco del Plan de recuperación, transformación y resiliencia financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU, y se procede a su convocatoria para el año 2023 (código de procedimiento CO300G)

 Subvenciones en régimen de concurrencia no competetiva. 1. Las solicitudes se presentarán obligatoriamente por medios electrónicos, a través del formulario normalizado disponible en la sede electrónica de la Xunta de Galicia, https://sede. xunta.gal. 2. El plazo para la presentación de solicitudes será de un mes contado a partir del día siguiente al de la publicación de esta orden en el Diario Oficial de Galicia.  Las subvenciones serán concedidas hasta el agotamiento del crédito presupuestario de acuerdo con lo establecido no artículo 19.2 de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia 1.1. Línea de ayudas destinada a personas autónomas y pequeñas y medianas empresas comerciales.  Las personas físicas o jurídicas, comunidades de bienes o cualquier otro tipo de unidad económica o patrimonio separado sin personalidad jurídica, legalmente constituidas, que cumplan los siguientes requisitos:  a) Que el establecimiento comercial para el cual se solicita la ayuda tenga caráct

Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018- 2021 para o ano 2019

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 10 de outubro de 2019. Axudas para a concesión (código de procedemento VI432A) e a renovación (código de procedemento VI432B) dos seguintes programas de axudas ao alugamento de vivendas. a) Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económi­cos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas. b) Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente : a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas. Requisitos das persoas beneficiarias 1. Poderán ser beneficiarias das axudas da liña A , axuda ao alugamento de vivenda, as persoas físicas maiores de idade que na data da presentación da solicitu

PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE PARA PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

 Se establecen dos tipos de apoyo a las personas trabajadoras autónomas: 1ª. Para las que cesaron en su actividad y van a volver a emprender un negocio como personas trabajadoras autónomas y son demandantes de empleo en el momento previo a la nueva alta como persona trabajadora autónoma. Su finalidad es facilitar la vuelta a la actividad económica a la persona emprendedora a quien le fue mal en su anterior negocio pero que tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender, en el mismo o en diferente sector. 2ª. Para las que estén de alta como personas trabajadoras autónomas y quieren volver a emprender en otro sector. La finalidad es facilitar el cambio de actividad económica a la persona emprendedora que desea cambiar su actividad, tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender y quiere hacerlo en otros sectores económicos como los considerados emergentes o vinculados a la economía circular, entre otros. Los apoyos del progr