Bases reguladoras da convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións para gastos de investimento de asociación veciñais de Ourense correspondentes ao exercicio 2019
Poderán
ser beneficiarias das subvencións as asociación veciñais que reúnan os
seguintes requisitos na data de publicación no Boletín Oficial da Provincia da
convocatoria:
a)
Estar inscritas no Rexistro Provincial de Asociacións de Ourense, dependente da
Xunta de Galicia.
b)
Ter o seu domicilio social na provincia de Ourense, circunstancia que deberá
constar na inscrición no rexistro da Xunta de Galicia.
O
prazo improrrogable de presentación rematará o 28 de xuño de 2019
Consideraranse
subvencionables todos os gastos de capital propios da asociación veciñal que
correspondan ao exercicio 2019, debendo ter sido contraída a obrigación
correspondente e emitida a oportuna factura dentro deste exercicio.
Terán a consideración de gastos de capital todos os que supoñan un
incremento do patrimonio da asociación, tales como obras de calquera clase,
adquisición de inmobles ou adquisición de bens mobles de carácter inventariable.Máis información
https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=113&fecha=20190520