Ir al contenido principal

Subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal


As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos.
O prazo de presentación remata o 27 de maio.
Información ás persoas interesadas: Nos teléfonos 981 54 55 57 ou 981 54 59 15 da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Requisitos:
Que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan nos anexos II e III e que esta constitúa a actividade principal da persoa solicitante. No caso de quea actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.
No caso de actuacións de posta en marcha de expansión comercial previstas no artigo 4.3, deberán exercer a actividade comercial de forma ininterrompida nos últimos dous anos, contados a partir da data de fin do prazo de presentación de solicitudes.
d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

Actuacións subvencionables
1. Dixitalización comercial:
a) A implantación e actualización de páxinas web comerciais coas seguintes características técnicas:
– Ter o protocolo de transferencia de datos https.– Estar optimizada para SEO.– Ter acceso á internet a través dun hosting con acceso do propietario da web ao código e claves da web.– Estar adaptada a todos os dispositivos móbiles.– Dispor de fotos de calidade profesional cun peso máximo de 400K e resolución de 72 dpp.– Dispor de páxina de política de privacidade de acordo coa lexislación vixente, ligazóns ás redes sociais da empresa. – Ter instalado e configurado Google Analytics.
No caso de web con acceso á tenda en liña, ademais dos previstos anteriormente para
a páxina web, deberá:– Estar sincronizada co sistema de xestión do establecemento comercial.– Ter dispoñible para a venda en liña un mínimo do 30 % das referencias de que se dispoñen na tenda física. – Ter pasarela de pagamento.
b) Introdución de ferramentas de márketing 4.0: instrumentos de xeolocalización ou big data centrados na conectividade e na predición de patróns de consumo, publicidade en medios dixitais, ferramentas de realidade aumentada, e ofrecer experiencias reais e interactivas ao consumidor como produtos 3D ou probadores virtuais e chatbots ou instrumentos similares que guíen o cliente no proceso de compra.
c) Pulo á mellora da imaxe dixital: contidos audiovisuais de promoción do produto.
d) Servizos profesionais de xestión de redes sociais (community manager).
e) Implantación de ferramentas de xestión: sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais comerciais e software adecuados ás necesidades da empresa.
A porcentaxe de subvención será o 80 %, agás no suposto das letras b), c) e d), que será do 70 %, dos investimentos máximos subvencionables:
– Para a implantación de páxinas web con venda en liña é de 4.000,00 € (IVE excluído).
– Para a implantación de páxina web é de 1.000,00 € (IVE excluído).
– Para a actualización de páxina web é de 800,00 € (IVE excluído).
Non será compatible a solicitude de actuacións de implantación de páxinas web coas
de mellora.
– Para a introdución de ferramentas de márketing 4.0 é de 6.000,00 € (IVE excluído), cun límite para actuacións en publicidade en medios dixitais de 2.000,00 € (IVE excluído).
– Para a mellora de imaxe comercial dixital é de 6.000 € (IVE excluído).
– Para os servizos profesionais de xestión de redes sociais (community manager) é de 10.000,00 € (IVE excluído).
– Para a implantación de ferramentas de xestión é de 3.000,00 € (IVE excluído).
O investimento máximo subvencionable para o conxunto das actuacións de dixitalización é de 29.000 euros (IVE excluído).


2. Proxectos de modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto de decoración e interiorismo.
a) As obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local comercial.
b) Adquisición de moblaxe destinado á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.
c) Actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.
d) Actuacións conxuntas dun mínimo de tres establecementos comerciais contiguos para dotar de homoxeneidade estética a imaxe exterior dos comercios dunha mesma rúa comercial.
e) Os custos polos servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto de interiorismo e decoración.
Para o conxunto destas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 30.000,00 € (IVE excluído) e o investimento mínimo de 8.000,00€ (IVE excluído). No caso das actuacións previstas na alínea e), o investimento máximo subvencionable será de 2.000,00 € (IVE excluído).
A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable agás no suposto das letras d) e e), que será do 70 %.

3. Proxectos de expansión comercial.
Para os efectos desta orde, considéranse proxectos de expansión comercial a apertura dun novo establecemento comercial, baseado no desenvolvemento do mesmo proxecto comercial, na especialización ou diversificación de produtos, na especialización de servizos ao cliente ou na especialización de novas tendencias emerxentes de consumo. O proxecto deberá estar incluído nun proxecto de decoración e interiorismo. O proxecto de expansión comercial deberá incluír un compromiso de contratación.
En concreto, considéranse gastos subvencionables nos proxectos de expansión comercial mediante a apertura dun novo establecemento comercial as actuacións previstas no punto 2, letras a), b), c) e e).
Para o conxunto destas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 60.000,00 € (IVE excluído) e o investimento mínimo de 8.000,00 € (IVE excluído). No caso das actuacións previstas na alínea e), o investimento máximo subvencionable será de 2.000,00 € (IVE excluído).
A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable, agás no suposto da letra e), que será do 70 %.


4. Posta en marcha de proxectos de tendas efémeras ou eventos pop up.
Para os efectos desta orde considéranse proxectos de tendas efémeras pop up a apertura, por un prazo máximo de dous meses, dun espazo comercial que terá por obxecto examinar o novo mercado, sen que en ningún caso supoña a apertura dun outlet ou teña por obxecto o desenvolvemento de actividades de liquidación ou venda de saldos.


5. Proxectos de posta en marcha de concept stores.
Para os efectos desta orde, considéranse concept stores os establecementos comerciais cunha oferta diversificada de produtos, xeradora de sinerxías, que supoña un valor engadido na oferta e sexa atractiva para a clientela na procura dunha identidade única e diferenciadora.O proxecto deberá estar incluído nun proxecto de decoración e interiorismo.


6. A adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal:
Considéranse actuacións subvencionables a adquisición, en réxime de propiedade, de
equipamentos propios da actividade comercial e artesanal, que deberán ser en todo caso de primeiro uso, en concreto de: Maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial ou artesanal e que melloren o deseño e a calidade do produto final.

Para o conxunto destas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 10.000,00 € (IVE excluído) e a porcentaxe de subvención será o 70 % do investimento
máximo subvencionable.


7. Non se consideran gastos subvencionables:
a) As obras ou actuacións en cuartos de baño, oficinas, almacéns e outras dependencias non afectas ao uso da actividade de exposición e venda.

b) Os custos asociados á compra ou alugamento do inmoble comercial, agás no previsto no punto 4.4.

c) Os permisos, licenzas ou cotas de colexios oficiais ou calquera outro tributo ou imposto.

d) A adquisición de moblaxe e artigos de exposición e proba, susceptibles de venda posterior.

e) A instalación de sistemas de alarma, seguridade ou similares.

f) A adquisición de ordenadores, dispositivos móbiles, televisores, reprodutores de son
e imaxe e tpv

g) Os custos de persoal e de subministracións de auga, enerxía, telefonía e internet.

h) A adquisición de maquinaria propia de procesos industriais, no caso de artesáns.

i) A adquisición de materia prima da actividade artesanal.

j) Os investimentos destinados a locais para uso da actividade artesanal. Aquelas que
non estean directamente vinculadas coa realización da actuación subvencionable e/ou directamente relacionadas coa cualificación dos obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.



ANEXO II

Epígrafes do IAE subvencionables.
641. Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.
642. Comercio polo miúdo de carnes e miúdos; de produtos derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza; e de produtos derivados deles.
643. Comercio polo miúdo de peixes e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.
644. Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.
645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas clases.
647. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e bebidas en xeral (agás 647.4 e 647.5).
651. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.
652. Comercio polo miúdo de medicamentos, artigos de drogaría e limpeza, perfumaría e cosméticos (agás 652.1).
653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción (agás 653.4).
656. Comercio polo miúdo de bens usados tales como mobles, artigos e enxoval ordinarios de uso doméstico.
657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.
659. Outro comercio polo miúdo.
665. Actividades empresariais de comercio realizadas fóra do establecemento permanente: «comercio retallista por correo ou catálogo». No caso de comercio en liña, non será subvencionable a comercialización en liña de produtos ou servizos non comprendidos no ámbito de aplicación da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.


ANEXO III

Epígrafes do IAE subvencionables.
41- Industria de produción de produtos alimenticios.
421- Industria de cacao, chocolate e produtos de confeitaría.
43- Industria téxtil.
44- Industria do coiro.
45- Industria do calzado e vestido e outras confeccións téxtiles.




Máis información no dog do 26 de abril


https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190426/AnuncioG0424-120419-0001_gl.pdf

Entradas populares de este blog

Subvenciones para el Programa de modernización del comercio: Fondo Tecnológico, en el marco del Plan de recuperación, transformación y resiliencia financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU, y se procede a su convocatoria para el año 2023 (código de procedimiento CO300G)

 Subvenciones en régimen de concurrencia no competetiva. 1. Las solicitudes se presentarán obligatoriamente por medios electrónicos, a través del formulario normalizado disponible en la sede electrónica de la Xunta de Galicia, https://sede. xunta.gal. 2. El plazo para la presentación de solicitudes será de un mes contado a partir del día siguiente al de la publicación de esta orden en el Diario Oficial de Galicia.  Las subvenciones serán concedidas hasta el agotamiento del crédito presupuestario de acuerdo con lo establecido no artículo 19.2 de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia 1.1. Línea de ayudas destinada a personas autónomas y pequeñas y medianas empresas comerciales.  Las personas físicas o jurídicas, comunidades de bienes o cualquier otro tipo de unidad económica o patrimonio separado sin personalidad jurídica, legalmente constituidas, que cumplan los siguientes requisitos:  a) Que el establecimiento comercial para el cual se solicita la ayuda tenga caráct

Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018- 2021 para o ano 2019

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 10 de outubro de 2019. Axudas para a concesión (código de procedemento VI432A) e a renovación (código de procedemento VI432B) dos seguintes programas de axudas ao alugamento de vivendas. a) Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económi­cos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas. b) Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente : a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas. Requisitos das persoas beneficiarias 1. Poderán ser beneficiarias das axudas da liña A , axuda ao alugamento de vivenda, as persoas físicas maiores de idade que na data da presentación da solicitu

PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE PARA PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

 Se establecen dos tipos de apoyo a las personas trabajadoras autónomas: 1ª. Para las que cesaron en su actividad y van a volver a emprender un negocio como personas trabajadoras autónomas y son demandantes de empleo en el momento previo a la nueva alta como persona trabajadora autónoma. Su finalidad es facilitar la vuelta a la actividad económica a la persona emprendedora a quien le fue mal en su anterior negocio pero que tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender, en el mismo o en diferente sector. 2ª. Para las que estén de alta como personas trabajadoras autónomas y quieren volver a emprender en otro sector. La finalidad es facilitar el cambio de actividad económica a la persona emprendedora que desea cambiar su actividad, tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender y quiere hacerlo en otros sectores económicos como los considerados emergentes o vinculados a la economía circular, entre otros. Los apoyos del progr