Os
incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas
iniciais e ás temporais cunha duración inicial mínima de doce meses que se celebren
desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019 con persoas
desempregadas menores de 30 anos. Deberá ser a tempo completo.
Inclúense dous tipos de
axuda compatibles:
a) Bono
de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación
indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima inicial de doce meses das
persoas desempregadas mozas menores de 30 anos.
b) Bono
de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para
levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades
relacionados co posto de traballo.
As
solicitudes de axudas polas contratacións por conta allea subvencionables realizadas
entre o 1 de outubro de 2018 e o 9 de abril de 2019 deberán presentarse ata o
día 10 de xuño de 2019. As axudas previstas polas contratacións subvencionables
realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último
día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral
indefinida ou temporal pola que se solicita subvención.
O prazo para a
presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de
2019,
aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.
Máis información:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190409/AnuncioG0424-280319-0001_gl.pdf