Ir al contenido principal

Programa do bono de alugueiro social

 RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2020 pola que se convocan para o ano 2021, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social (códigos de procedemento VI482A e VI482B).

 A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria

As subvencións deste programa rexeranse polas bases reguladoras contidas na Orde do 18 de decembro de 2018, publicadas no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) núm. 4 do 7 de xaneiro de 2019, modificada pola Orde do 16 de decembro de 2019 (DOG núm. 248, do 31 de decembro).

Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias deste programa as previstas no artigo 2 das bases reguladoras, sempre que cumpran os requisitos previstos no artigo 3 das citadas bases.

2. Así mesmo, poderán ser beneficiarias das prórrogas extraordinarias previstas no artigo 6.2 das bases reguladoras aquelas persoas que finalizasen o período máximo ordinario de desfrute das axudas deste programa durante o ano 2019, 2020 e 2021, coa excepción das sinaladas no artigo 2.1.h) das bases reguladoras.


Límites máximos de ingresos e valor do IPREM para a concesión das axudas

1. Os límites máximos de ingresos das solicitudes, tanto iniciais como das prórrogas, calcularanse tomando como base do cálculo a contía do IPREM anual en 14 pagas para o ano 2020 (7.519,59 euros) multiplicado por 1,5.

Esta contía dividirase polos seguintes factores de ponderación, en función do número de persoas que integren a unidade de convivencia:

• Familias dun membro: 1,25.

• Familias de dous membros: 0,90.

• Familias de tres membros: 0,80.

• Familias de catro membros: 0,70.

• Familias de cinco ou máis membros: 0,60.

A aplicación destes factores determina as seguintes contías:

Nº de membros da unidade

de convivencia

Límites máximos de ingresos

(1,5 veces IPREM 2020 en 14 pagas ponderado. Valores mensuais)

1

751,96 €

2

1.044,39 €

3

1.174,94 €

4

1.342,78 €

5 ou máis

1.566,58 €

2. Ás unidades familiares nas que algún dos seus membros sexa unha persoa con discapacidade, nas condicións establecidas na normativa reguladora do Imposto da renda das persoas físicas, aplicaráselles o límite máximo de ingresos do tramo seguinte ao que lles correspondese, segundo o número de persoas que a integren.

No caso de mulleres xestantes, o/a fillo/a ou fillos/as concibidos/as e non nados/as contarán como membros da unidade familiar. Igual tratamento terá a acreditación de adopción en trámite.

3. No caso de que as axudas se soliciten por unha unidade de convivencia composta por máis dunha unidade familiar, os ingresos de cada unidade familiar, computados conforme o punto primeiro, sumaranse e o resultado deberá estar comprendido dentro do límite máximo de ingresos para acceder a este programa.

Prazo de presentación de solicitudes

1. O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria comezará o día 21 de xaneiro de 2021 e terminará o día 10 de decembro de 2021 e, en todo caso, ao esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria.

2. As persoas beneficiarias deste programa e que non perdesen o dereito mediante a oportuna resolución poderán solicitar a prórroga ordinaria ou, se é o caso, a extraordinaria, dentro dos dous meses anteriores á data de remate da concesión inicial ou, se é o caso, da prórroga que estea percibindo, coa excepción sinalada no parágrafo seguinte.

3. As persoas que á data da publicación desta convocatoria xa tivesen desfrutado os períodos ordinarios da axuda durante tres anos poderán solicitar a prórroga extraordinaria no prazo de dous meses, contados dende a publicación desta resolución.

Sétimo. Solicitudes

1. A solicitude de concesión inicial realizarase mediante a presentación do modelo que se incorpora como anexo I a esta resolución, debidamente cuberto (código de procedemento VI482A). As solicitudes de concesión de prórroga realizaranse mediante a presentación do modelo que se incorpora como anexo VI a esta resolución, debidamente cuberto (código de procedemento VI482B). As solicitudes deberán dirixirse á Área Provincial do IGVS onde estea situada a vivenda.

Máis información:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210120/AnuncioC3Q2-120121-0001_gl.html

Entradas populares de este blog

Subvenciones para el Programa de modernización del comercio: Fondo Tecnológico, en el marco del Plan de recuperación, transformación y resiliencia financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU, y se procede a su convocatoria para el año 2023 (código de procedimiento CO300G)

 Subvenciones en régimen de concurrencia no competetiva. 1. Las solicitudes se presentarán obligatoriamente por medios electrónicos, a través del formulario normalizado disponible en la sede electrónica de la Xunta de Galicia, https://sede. xunta.gal. 2. El plazo para la presentación de solicitudes será de un mes contado a partir del día siguiente al de la publicación de esta orden en el Diario Oficial de Galicia.  Las subvenciones serán concedidas hasta el agotamiento del crédito presupuestario de acuerdo con lo establecido no artículo 19.2 de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia 1.1. Línea de ayudas destinada a personas autónomas y pequeñas y medianas empresas comerciales.  Las personas físicas o jurídicas, comunidades de bienes o cualquier otro tipo de unidad económica o patrimonio separado sin personalidad jurídica, legalmente constituidas, que cumplan los siguientes requisitos:  a) Que el establecimiento comercial para el cual se solicita la ayuda tenga caráct

Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018- 2021 para o ano 2019

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 10 de outubro de 2019. Axudas para a concesión (código de procedemento VI432A) e a renovación (código de procedemento VI432B) dos seguintes programas de axudas ao alugamento de vivendas. a) Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económi­cos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas. b) Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente : a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas. Requisitos das persoas beneficiarias 1. Poderán ser beneficiarias das axudas da liña A , axuda ao alugamento de vivenda, as persoas físicas maiores de idade que na data da presentación da solicitu

PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE PARA PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

 Se establecen dos tipos de apoyo a las personas trabajadoras autónomas: 1ª. Para las que cesaron en su actividad y van a volver a emprender un negocio como personas trabajadoras autónomas y son demandantes de empleo en el momento previo a la nueva alta como persona trabajadora autónoma. Su finalidad es facilitar la vuelta a la actividad económica a la persona emprendedora a quien le fue mal en su anterior negocio pero que tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender, en el mismo o en diferente sector. 2ª. Para las que estén de alta como personas trabajadoras autónomas y quieren volver a emprender en otro sector. La finalidad es facilitar el cambio de actividad económica a la persona emprendedora que desea cambiar su actividad, tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender y quiere hacerlo en otros sectores económicos como los considerados emergentes o vinculados a la economía circular, entre otros. Los apoyos del progr