Ir al contenido principal

REACTIVA SERVIZOS/TURISMO SEGURO - GARANTIR A SEGURIDADE LABORAL E CONFIANZA NO CONSUMIDOR

As subvencións outorgaranse a aqueles solicitantes que cumpran os requisitos establecidos nestas bases ata o esgotamento dos créditos.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia

non competitiva.

Proxectos obxecto de apoio:

1. Agás as empresas e autónomos adicados a actividades turísticas, segundo a relación
detallada de actividades subvencionables contida no anexo I, os proxectos obxecto
de apoio e as actuacións consecuentes deben derivarse do informe de autodiagnóstico
efectuado coa ferramenta ComercioSeguroGalicia, da Consellería de Economía, Emprego

e Industria, que deberá achegarse xunto coa solicitude de axuda.

2. Estas axudas teñen como obxecto subvencionar aqueles proxectos que inclúan unha
ou varias das seguintes actuacións:

2.1. Medidas de protección dos empregados e clientes nos espazos de traballo, tales
como:

• Pantallas protectoras para mostradores e zonas de caixa.
• Vinilos adhesivos para a delimitación no chan de zonas seguras, marcación dos fluxos
de clientes, de marcación de posicionamento e a da distancia de seguridade interpersoal.
• Dispositivos de control de capacidade e de sistemas de contaxe de clientes ou outro
sistema para garantir a distancia entre clientes.
• Dispositivos de control de temperatura.
• Calquera outra medida das recomendadas pola autoridade sanitaria que permita incrementar
a protección dos empregados e clientes.

2.2. A adaptación dos espazos de traballo para reducir o contacto do cliente con elementos
ou superficies e evitar a súa contaminación, tales como:
• Portas de apertura automática.
• Instalación de puntos de autopago.
• Sensores de luz.
• Calquera outra medida ou dispositivo para minimizar o contacto.

2.3. A adquisición de medios de protección e hixiene para empregados e clientes: máscaras
protectoras individuais, máscaras para o persoal da empresa, luvas, calzas, dispensadores
automáticos de xeles hidroalcohólicos e calquera outro para a protección persoal
que sexa adecuada á específica actividade que se desenvolve na empresa. A cantidade
destinada a esta epígrafe non poderá exceder o 20 % do total de actuacións subvencionables;
consecuentemente, ningún proxecto poderá constar unicamente de actuacións contempladas
nesta epígrafe.

2.4. A instalación de equipamentos de desinfección de superficies, ambientes e produtos.

2.5. A contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais e realizar desinfeccións
de forma periódica. A cantidade destinada a este punto non poderá exceder o 20 %
do total de actuacións subvencionables, para un período máximo de prestación de servizos
de 6 meses. Consecuentemente, ningún proxecto poderá constar, unicamente, de actuación
recollidas nesta epígrafe.

2.6. A adquisición de equipamentos ou realización de obras que permitan a ventilación
e renovación do aire do establecemento.

2.7. Cartelaría e puntos de informacións, físicos ou dixitais, sobre as medidas de prevención
ante o COVID-19 implementadas no establecemento.

2.8. De xeito excepcional, outros que poidan contribuír a protexer a saúde das persoas
empresarias, empregadas e clientes fronte ao COVID-19, o cal se motivará na resolución
de concesión.

2.9. Capacitación específica das persoas traballadoras para aplicar os protocolos adaptados
ás normativas e recomendacións sanitarias fronte ao COVID-19.

2.10. Gastos externos (consultoría, análises, custo da certificación y similares) aplicados
á obtención de certificacións para cumprimento de protocolos e medidas.


Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas destinadas

ás mesmas actuacións.


Beneficiarios:

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes),
segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento
(UE) núm. 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica (inclúe autónomos), polo que
tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou
xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade
económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica,
poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na
situación que motiva a concesión da subvención.

Os beneficiarios deberán estar dados de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo I.
                                                         
                                                             ANEXO I
Actividades subvencionables
(segundo a clasificación de actividades do imposto sobre actividades económicas-IAE)
– Sección 1: Actividades empresariais servizos.
Agrupación 61. Comercio por xunto.
Agrupación 62. Recuperación de produtos.
Agrupación 63. Intermediarios do comercio.
Agrupación 64. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios, bebidas e tabaco realizado
en establecementos permanentes.
Agrupación 65. Comercio polo miúdo de produtos industriais non alimenticios realizado
en establecementos permanentes. (Excepto epígrafe 652.1.- Farmacias: Comercio polo
miúdo de medicamentos, produtos sanitarios e de hixiene persoal).
Agrupación 66. Comercio mixto ou integrado; comercio polo miúdo fóra dun establecemento
comercial permanente (ambulancia, mercadillos e mercados ocasionais ou xornais);
comercio en réxime de expositores en depósito e mediante aparellos automáticos; comercio
polo miúdo por correo e catálogo de produtos diversos.
Agrupación 69. Reparacións.
Grupo 721. Transporte de viaxeiros. (Excepto epígrafe 721.2.- Transporte por autotaxis).
Grupo 722. Transporte de mercadorías por estrada.
Grupo 731. Transporte marítimo internacional (Excepto epígrafe 731.2.- Transporte marítimo
internacional de mercadorías.)
Grupo 733. Transporte de cabotaxe e por vías navegables interiores (Excepto epígrafe
733.2.- Transporte de cabotaxe e por vías navegables interiores de mercadorías.)
Grupo 751. Actividades anexas ao transporte terrestre.
Agrupación 76. Telecomunicacións.
Agrupación 81. Institucións financeiras.
Agrupación 82. Seguros.
Agrupación 83. Auxiliares financeiros e de seguros. Actividades inmobiliarias.
Agrupación 84. Servizos prestados ás empresas.
Agrupación 85. Aluguer de bens mobles.
Agrupación 86. Aluguer de bens inmobles.
Agrupación 92. Servizos de saneamento, limpeza e similares.
Epígrafe 931.1.- Gardería e ensino de educación infantil, exclusivamente.
Grupo 933. Outras actividades de ensino.
Grupo 936. Investigación científica e técnica.
Grupo 943. Consultas e clínicas de estomatoloxía e odontoloxía.
Grupo 945. Consultas e clínicas veterinarias.
Grupo 952. Asistencia e servizos sociais para nenos, mozos, diminuídos físicos e anciáns,
en centros non residenciais.
Agrupación 96. Servizos recreativos e culturais.
Agrupación 97. Servizos persoais
Agrupación 98. Parques de recreo, feiras e outros servizos relacionados co espectáculo.
Organización de congresos. Parques ou recintos feirais.
– Seccion 1: Actividades empresariais turismo.
Agrupación 67. Servizo de alimentación.
Agrupación 68. Servizo de hospedaxe.
Grupo 755. Axencias de viaxe.
Agrupación 96. Servizos recreativos e culturais, que estean escritos no Rexistro de Actividades
Turisticas de Galicia (REAT).
Agrupación 98. Parques de recreo, feiras e outros servizos relacionados co espectáculo.
Organización de congresos. Parques ou recintos feirais, que estean escritos no Rexistro de
Actividades Turisticas de Galicia (REAT).
Epigrafe 942.2 Balnearios e baños.
– Seccion 2: Actividades profesionais.
Todas as agrupacións excepto:
Grupo 831. Médicos de Medicina Xeral.
Grupo 832. Médicos especialistas (excluídos Estomatólogos e Odontólogos).
Grupo 835. Farmacéuticos.

Serán subvencionables os gastos e investimentos realizados entre o 15 de marzo de
2020 e a data límite de xustificación establecida na resolución de concesión.

Contía da axuda:

1. Para as pemes adicadas a actividades turísticas, segundo a relación detallada de actividades
subvencionables contida no anexo I; que empreguen menos de 10 traballadores,
e con proxectos de gasto subvencionable entre 300 e 1.200 euros, a intensidade de axuda
será do 100 % dos conceptos subvencionables, cun límite máximo por solicitante de 1.200
euros. Estas pemes tamén poderán optar pola modalidade de axuda descrita no parágrafo
seguinte, renunciando expresamente ás previstas neste parágrafo.
2. Para o resto das empresas beneficiarias, previstas na presente orde, a contía da
axuda será do 80 % dos conceptos subvencionables, cun límite máximo por solicitante de
3.000 euros.

Para presentar a solicitude, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario
electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o que solicita
a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.

igape.es.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte
ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de xullo
de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Máis información:

http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP403

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200625/AnuncioO92-110620-0002_gl.html

Entradas populares de este blog

Subvenciones para el Programa de modernización del comercio: Fondo Tecnológico, en el marco del Plan de recuperación, transformación y resiliencia financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU, y se procede a su convocatoria para el año 2023 (código de procedimiento CO300G)

 Subvenciones en régimen de concurrencia no competetiva. 1. Las solicitudes se presentarán obligatoriamente por medios electrónicos, a través del formulario normalizado disponible en la sede electrónica de la Xunta de Galicia, https://sede. xunta.gal. 2. El plazo para la presentación de solicitudes será de un mes contado a partir del día siguiente al de la publicación de esta orden en el Diario Oficial de Galicia.  Las subvenciones serán concedidas hasta el agotamiento del crédito presupuestario de acuerdo con lo establecido no artículo 19.2 de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia 1.1. Línea de ayudas destinada a personas autónomas y pequeñas y medianas empresas comerciales.  Las personas físicas o jurídicas, comunidades de bienes o cualquier otro tipo de unidad económica o patrimonio separado sin personalidad jurídica, legalmente constituidas, que cumplan los siguientes requisitos:  a) Que el establecimiento comercial para el cual se solicita la ayuda tenga caráct

Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018- 2021 para o ano 2019

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 10 de outubro de 2019. Axudas para a concesión (código de procedemento VI432A) e a renovación (código de procedemento VI432B) dos seguintes programas de axudas ao alugamento de vivendas. a) Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económi­cos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas. b) Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente : a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas. Requisitos das persoas beneficiarias 1. Poderán ser beneficiarias das axudas da liña A , axuda ao alugamento de vivenda, as persoas físicas maiores de idade que na data da presentación da solicitu

PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE PARA PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

 Se establecen dos tipos de apoyo a las personas trabajadoras autónomas: 1ª. Para las que cesaron en su actividad y van a volver a emprender un negocio como personas trabajadoras autónomas y son demandantes de empleo en el momento previo a la nueva alta como persona trabajadora autónoma. Su finalidad es facilitar la vuelta a la actividad económica a la persona emprendedora a quien le fue mal en su anterior negocio pero que tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender, en el mismo o en diferente sector. 2ª. Para las que estén de alta como personas trabajadoras autónomas y quieren volver a emprender en otro sector. La finalidad es facilitar el cambio de actividad económica a la persona emprendedora que desea cambiar su actividad, tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender y quiere hacerlo en otros sectores económicos como los considerados emergentes o vinculados a la economía circular, entre otros. Los apoyos del progr