Ir al contenido principal

Subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal.

DOG 21/02/2020

Prazo de presentación: ata o 23 de marzo de 2020

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos
establecidos  e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha
das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de
Galicia, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de
unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas
que, en todo caso, cumpran, ademais, os seguintes requisitos:

 Comerciantes retallistas:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique
na Comunidade Autónoma
b) Que, tendo a condición de peme , empreguen menos de vinte (20) traballadores. Para as actuacións de participación ou posta en marcha de proxectos de tendas efémeras ou eventos pop up, , empreguen menos de cincuenta (50) traballadores.
c) Que estean dados de alta nalgúnhas das epígrafes do IAE que se relacionan nos anexos
II e III e que esta constitúa a actividade principal da persoa solicitante.
No caso de que a actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.

ANEXO II

Epígrafes do IAE subvencionables
641. Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.
642. Comercio polo miúdo de carnes e miúdos; de produtos derivados cárnicos elaborados:
de ovos, aves, coellos de granxa, caza, e de produtos derivados deles.
643. Comercio polo miúdo de peixes e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.
644. Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos
lácteos.
645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas as clases.
647. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e bebidas en xeral (agás 647.4 e 647.5).
651. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de
coiro.
652. Comercio polo miúdo de medicamentos, artigos de drogaría e limpeza, perfumaría e
cosméticos (agás 652.1).
653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción
(agás 653.4).
656. Comercio polo miúdo de bens usados, tales como mobles, roupas e enxoval ordinarios
de uso doméstico.
657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.
659. Outro comercio polo miúdo.
665. Actividades empresariais de comercio realizadas fóra do establecemento permanente:
«comercio retallista por correo ou catálogo». No caso de comercio en liña, non
será subvencionable a comercialización en liña de produtos ou servizos non comprendidos
no ámbito de aplicación da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio
interior de Galicia.

ANEXO III

Epígrafes do IAE subvencionables
255.2-Fabricante de xabóns toucador e produtos de perfumaría.
253.6-Fabricante de aceites esenciais e substancias aromáticas.
41-Industria de produción de produtos alimenticios.
421-Industria de cacao, chocolate e produtos de confeitaría.
43-Industria téxtil.
44-Industria do coiro.
45-Industria do calzado e vestido e outras confeccións téxtiles.

No caso de actuacións de posta en marcha de expansión comercial previstas no artigo
4.3, deberán exercer a actividade comercial de forma ininterrompida nos últimos dous
anos, contados a partir da data da fin do prazo de presentación de solicitudes.

d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie
de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade
comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

Actuacións subvencionables:

1. Dixitalización comercial:
Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesáns.
a) A implantación e actualización de páxinas web comerciais coas seguintes características
técnicas:
– Ter o protocolo de transferencia de datos https.
– Estar optimizada para SEO.
– Ter acceso á internet a través dun hosting con acceso do propietario da web ao código
e claves da web.
– Estar adaptada a todos os dispositivos móbiles.
– Dispor de fotos de calidade profesional cun peso máximo de 400K e resolución de
72 dpp.
– Dispor de páxina de política de privacidade de acordo coa lexislación vixente, links ás
redes sociais da empresa.
– Ter instalado e configurado Google Analytics.
No caso de web con acceso tenda en liña, ademais dos previstos anteriormente para a
páxina web, deberá:
– Estar sincronizada co sistema de xestión do establecemento comercial.
– Ter dispoñible para a venda en liña un mínimo do 30 % das referencias de que se
dispón na tenda física.
– Ter pasarela de pagamento.

b) Introdución de ferramentas de márketing 4.0: instrumentos de xeolocalización ou
big data centrados na conectividade e na predición de padróns de consumo, publicidade
en medios dixitais e ferramentas de realidade aumentada, que ofrezan experiencias reais e interactivas ao consumidor, como produtos 3D ou probadores virtuais e chatbots ou instrumentos
similares que guíen o cliente no proceso de compra.

c) Pulo á mellora da imaxe dixital: contidos audiovisuais de promoción do produto.
d) Servizos profesionais de xestión de redes sociais (community manager) cun máximo
de 11 meses.

e) Implantación de ferramentas de xestión: sistemas integrados para a planificación de
recursos empresariais comerciais e software adecuados ás necesidades da empresa.

A porcentaxe de subvención será o 80 %, agás no suposto das letras b), c) e d), que
será do 70 %.

2. Proxectos de modernización integral do local comercial incluídas nun proxecto de
decoración e interiorismo.
Só para comerciantes retallistas.

En concreto, considéranse gastos subvencionables:
a) As obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda
do local comercial.
b) Adquisición de moblaxe destinado á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento
especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento
da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.
c) Actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e instalación de toldos,
carteis, letreiros ou similares.
d) Actuacións conxuntas dun mínimo de tres establecementos comerciais contiguos
para dotar de homoxeneidade estética a imaxe exterior dos comercios dunha mesma rúa
comercial.
e) Os custos polos servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto de
interiorismo e decoración.


A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable agás
no suposto das letras d) e e), que será do 70 %.


3. Proxectos de expansión comercial.
Só para comerciantes retallistas.
 Apertura dun novo establecemento comercial, baseado no desenvolvemento do mesmo proxecto comercial, na especialización ou diversificación de produtos, na especialización de servizos
ao cliente ou na especialización de novas tendencias emerxentes de consumo. O proxecto
deberá estar incluído nun proxecto de decoración e interiorismo.

4. Participación ou posta en marcha de proxectos de tendas efémeras ou eventos
pop up.
Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesáns.
4.1. Para os efectos desta orde, considérase posta en marcha de proxectos de tendas
efémeras pop up a apertura, por un prazo máximo de dous (2) meses, dun espazo comercial
que terá por obxecto analizar o novo mercado, sen que en ningún caso supoña a
apertura dun outlet ou teña por obxecto o desenvolvemento de actividades de liquidación
ou venda de saldos.
4.2. Participación en proxectos de tendas efémeras ou eventos pop up.


5. Proxectos de posta en marcha de concept stores.
Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesáns

Para os efectos desta orde, considéranse concept stores os establecementos comerciais
cunha oferta diversificada de produtos, xeradora de sinerxías, que supoña un valor
engadido na oferta e sexa atractiva para a clientela na procura dunha identidade única e diferenciadora.
O proxecto deberá estar incluído nun proxecto de decoración e interiorismo.
O concept store poderá unir unha ou varias persoas comerciantes e/ou artesás nun
espazo compartido con diferentes propostas innovadoras, xa sexan comerciais, culturais,
artísticas, de deseño ou gastronómicas, creando unha experiencia única de compra.

6. A adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal
Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesáns.

Considéranse actuacións subvencionables a adquisición, en réxime de propiedade, de
equipamentos propios da actividade comercial e artesanal, que deberán ser, en todo caso,
de primeiro uso; en concreto de:
Maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada,
directamente relacionada coa actividade comercial ou artesanal, así como outra maquinaria,
ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente
relacionada coa actividade comercial ou artesanal e que melloren o deseño e a calidade
do produto final.


7. Non se consideran gastos subvencionables:

a) As obras ou actuacións en cuartos de baño, oficinas, almacéns e outras dependencias
non afectas ao uso da actividade de exposición e venda.
b) Os custos asociados á compra ou alugamento do inmoble comercial, agás no previsto
na letra 4.a).
c) Os permisos, licenzas ou cotas de colexios oficiais ou calquera outro tributo ou imposto.
d) A adquisición de moblaxe e artigos de exposición e proba, susceptibles da venda
posterior.
e) A instalación de sistemas de alarma, seguridade ou similares.
f) A adquisición de ordenadores, dispositivos móbiles, televisores, reprodutores de son
e imaxe e tpv.
g) Os custos de persoal e de subministracións de auga, enerxía, telefonía e internet.
h) Adquisición de maquinaria propia de procesos industriais, no caso de artesáns, e a
adquisición de maquinaria e instrumentos propios de servizos profesionais.


Máis información:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=CO300C


Entradas populares de este blog

Subvenciones para el Programa de modernización del comercio: Fondo Tecnológico, en el marco del Plan de recuperación, transformación y resiliencia financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU, y se procede a su convocatoria para el año 2023 (código de procedimiento CO300G)

 Subvenciones en régimen de concurrencia no competetiva. 1. Las solicitudes se presentarán obligatoriamente por medios electrónicos, a través del formulario normalizado disponible en la sede electrónica de la Xunta de Galicia, https://sede. xunta.gal. 2. El plazo para la presentación de solicitudes será de un mes contado a partir del día siguiente al de la publicación de esta orden en el Diario Oficial de Galicia.  Las subvenciones serán concedidas hasta el agotamiento del crédito presupuestario de acuerdo con lo establecido no artículo 19.2 de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia 1.1. Línea de ayudas destinada a personas autónomas y pequeñas y medianas empresas comerciales.  Las personas físicas o jurídicas, comunidades de bienes o cualquier otro tipo de unidad económica o patrimonio separado sin personalidad jurídica, legalmente constituidas, que cumplan los siguientes requisitos:  a) Que el establecimiento comercial para el cual se solicita la ayuda tenga caráct

Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018- 2021 para o ano 2019

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 10 de outubro de 2019. Axudas para a concesión (código de procedemento VI432A) e a renovación (código de procedemento VI432B) dos seguintes programas de axudas ao alugamento de vivendas. a) Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económi­cos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas. b) Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente : a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas. Requisitos das persoas beneficiarias 1. Poderán ser beneficiarias das axudas da liña A , axuda ao alugamento de vivenda, as persoas físicas maiores de idade que na data da presentación da solicitu

PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE PARA PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

 Se establecen dos tipos de apoyo a las personas trabajadoras autónomas: 1ª. Para las que cesaron en su actividad y van a volver a emprender un negocio como personas trabajadoras autónomas y son demandantes de empleo en el momento previo a la nueva alta como persona trabajadora autónoma. Su finalidad es facilitar la vuelta a la actividad económica a la persona emprendedora a quien le fue mal en su anterior negocio pero que tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender, en el mismo o en diferente sector. 2ª. Para las que estén de alta como personas trabajadoras autónomas y quieren volver a emprender en otro sector. La finalidad es facilitar el cambio de actividad económica a la persona emprendedora que desea cambiar su actividad, tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender y quiere hacerlo en otros sectores económicos como los considerados emergentes o vinculados a la economía circular, entre otros. Los apoyos del progr