Ir al contenido principal

Subvencións para proxectos de dinamización do Xacobeo 2021,” o teu Xacobeo”

Destinatarios:
Liña 2: persoas físicas (traballadores autónomos) e persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que están comprendidos na definición de pequena e mediana empresa (peme).
Así mesmo, poderán presentarse solicitudes por agrupacións de persoas físicas e/ou xurídicas, de conformidade co disposto no citado artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Liña 3: entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro.
Así mesmo, poderán presentarse solicitudes por agrupacións de entidades sen ánimo de lucro, de conformidade co disposto no citado artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Esta resolución ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria plurianual das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de promoción e dinamización con motivo da conmemoración do Ano Santo Xacobeo 2021 que se celebren entre o 1 de maio de 2020 e o 30 de abril de 2021, co obxectivo principal de lograr unha programación sociocultural cara ao Xacobeo 2021 para a promoción e potenciación de Galicia, así como reforzo da dimensión internacional do Camiño de Santiago e da propia Comunidade Autónoma, tales como: exposicións, mostras, intervencións, exhibicións, concertos, feiras e festivais, publicacións, creacións audiovisuais, talleres, xornadas de formación, conferencias, charlas, encontros, foros, actividades deportivas dirixidas, torneos, mostras gastronómicas, catas e degustacións, actividades de formación e intercambio, e outras (código de procedemento TU300A).
2. Tal como se establece no artigo 16 da presente convocatoria, establécense os seguintes prazos de xustificación das axudas:
– Se o proxecto ou actuación subvencionada se executa entre o 1 de maio de 2020 e o 31 de outubro de 2020, o prazo de xustificación rematará o 15 de novembro de 2020.
– Se o proxecto ou actuación subvencionada se executa entre o 1 de novembro de 2020 e o 30 de abril de 2021, o prazo de xustificación rematará o 30 de maio de 2021.
3. As actividades que terán que ser de nova creación ou, se é o caso, unha segunda edición dun proxecto presentado ou executado ao abeiro da anterior edición do programa O teu xacobeo, desenvolveranse dentro dos seguintes ámbitos e disciplinas:
Ámbito artístico:
– Artes visuais.
– Cultura dixital.
– Deseño e moda.
– Cinema e documental.
– Música: clásica, popular, tradicional, músicas do mundo e outras.
– Artes escénicas: teatro, danza, novo circo e outras.
Ámbito de patrimonio e pensamento:
– Patrimonio material: arquitectura, arqueoloxía, etnografía, xeografía, topografía e outras.
– Patrimonio inmaterial: antropoloxía, tradicións, oficios, artesanía, gastronomía, enoloxía e outros.
– Cultura científica e editorial: publicacións, conferencias, estudos, foros, seminarios, intercambios con expertos, xornadas formativas, libros.
Ámbito deportivo:
– Torneos.
– Eventos deportivos especiais.
– Actividades dirixidas, ao aire libre, e relacionadas co benestar e coa vida activa, respectuosa coa contorna e coa natureza.
Ámbito social:
– Programas de voluntariado en todas as súas dimensións.
– Programas sociais e educativos no campo da igualdade, da inclusión social e da participación cidadá.
4. Os proxectos presentados deberán desenvolverse no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e adherirse, polo menos, a tres dos seguintes obxectivos do Xacobeo 2021:
a) Obxectivos estratéxicos fixados polo Consello Xacobeo para o Xacobeo 2021:
• Camiño. Destacar a riqueza cultural, natural e humana do Camiño de Santiago.
• Europa. Convidar ao diálogo ao redor deste grande itinerario cultural europeo.
• Patrimonio. Promover o patrimonio cultural xacobeo como fonte de inspiración para a creación artística contemporánea.
• Territorio e desenvolvemento sustentable. Impulsar o desenvolvemento das áreas rurais do Camiño de Santiago.
• Audiencia e legado. Fomentar o coñecemento do patrimonio relacionado co Camiño de Santiago, particularmente entre os máis novos.
b) Obxectivos estratéxicos da Comisión Organizadora do Xacobeo 2021 en Galicia:
• Promoción. Promocionar Galicia como destino cultural e turístico.
• Alcance. Implicar toda a poboación galega na celebración e xerar un sentimento de orgullo e pertenza cara aos valores da nosa comunidade.
• Innovación. Apostar por novas fórmulas de difusión e contidos innovadores que poñan en valor a esencia do Camiño de Santiago.
• Narrativa. Dar voz e recompilar as historias e experiencias que se xeren ao longo do Camiño.
• Diálogo. Fomentar o intercambio cultural entre a sociedade local e os peregrinos e visitantes.
 
 O procedemento para a concesión destas subvencións será tramitado no réxime de concorrencia competitiva.
 
Prazo de presentación: ata o 30 de decembro de 2019

Entradas populares de este blog

Subvenciones para el Programa de modernización del comercio: Fondo Tecnológico, en el marco del Plan de recuperación, transformación y resiliencia financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU, y se procede a su convocatoria para el año 2023 (código de procedimiento CO300G)

 Subvenciones en régimen de concurrencia no competetiva. 1. Las solicitudes se presentarán obligatoriamente por medios electrónicos, a través del formulario normalizado disponible en la sede electrónica de la Xunta de Galicia, https://sede. xunta.gal. 2. El plazo para la presentación de solicitudes será de un mes contado a partir del día siguiente al de la publicación de esta orden en el Diario Oficial de Galicia.  Las subvenciones serán concedidas hasta el agotamiento del crédito presupuestario de acuerdo con lo establecido no artículo 19.2 de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia 1.1. Línea de ayudas destinada a personas autónomas y pequeñas y medianas empresas comerciales.  Las personas físicas o jurídicas, comunidades de bienes o cualquier otro tipo de unidad económica o patrimonio separado sin personalidad jurídica, legalmente constituidas, que cumplan los siguientes requisitos:  a) Que el establecimiento comercial para el cual se solicita la ayuda tenga caráct

Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018- 2021 para o ano 2019

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 10 de outubro de 2019. Axudas para a concesión (código de procedemento VI432A) e a renovación (código de procedemento VI432B) dos seguintes programas de axudas ao alugamento de vivendas. a) Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económi­cos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas. b) Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente : a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas. Requisitos das persoas beneficiarias 1. Poderán ser beneficiarias das axudas da liña A , axuda ao alugamento de vivenda, as persoas físicas maiores de idade que na data da presentación da solicitu

PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE PARA PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

 Se establecen dos tipos de apoyo a las personas trabajadoras autónomas: 1ª. Para las que cesaron en su actividad y van a volver a emprender un negocio como personas trabajadoras autónomas y son demandantes de empleo en el momento previo a la nueva alta como persona trabajadora autónoma. Su finalidad es facilitar la vuelta a la actividad económica a la persona emprendedora a quien le fue mal en su anterior negocio pero que tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender, en el mismo o en diferente sector. 2ª. Para las que estén de alta como personas trabajadoras autónomas y quieren volver a emprender en otro sector. La finalidad es facilitar el cambio de actividad económica a la persona emprendedora que desea cambiar su actividad, tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender y quiere hacerlo en otros sectores económicos como los considerados emergentes o vinculados a la economía circular, entre otros. Los apoyos del progr