Axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais (DOG 04/01/19)
Prazo de presentación: ata o 4 de
marzo
Con carácter xeral serán
subvencionables as seguintes actividades:
a) Obradoiros e fábricas destinados á produción de bens e materiais.
Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da
madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de
segunda transformación.
b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o
produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos
investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de funcionamento da
Unión Europea (TFUE).
c) Prestación de servizos en
calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de
servizos...).
d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de
persoas con discapacidade, granxas escola...).
e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.
f) Artesanía e actividades
artesanais.
g) Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da
comunicación (TIC), innovación tecnolóxica e comercio electrónico.
h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos
técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.
i) Comercio retallista de
produtos non incluídos no anexo I do TFUE.
j) No sector da restauración
turística, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en
construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial,
pallozas, faros…) e que vaian ofertar unha cociña baseada na gastronomía galega
tradicional ou que con ese substrato propoñan técnicas innovadoras ou fusións
con outras gastronomías do mundo.
Poderán ser beneficiarios:
a) Os titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación
agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que
desenvolvan o seu proxecto
na propia explotación.
b) As microempresas e pequenas empresas de nova creación ou que
inicien unha actividade distinta á que tiñan no momento da solicitude da axuda.
c) As persoas físicas que residan nunha zona rural e que creen unha
nova empresa ou
que inicien unha actividade distinta á que tiñan no momento da
solicitude da axuda.
Máis información:
https://www.blogger.com/blogger.g?rinli=1&pli=1&blogID=7769735121941194327#editor/target=post;postID=8855299011743801758