Publicada a Orde do 4 de decembro de 2018 pola que se convoca o
proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través
da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en
determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de
cualificacións profesionais.
Importante
- Máis información sobr o proceso de acreditación de competencias profesionaisImportante
- A solicitude de participación no procedemento deberá presentarase obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. Esta aplicación está activa a partir do 14 de xaneiro de 2019.
- Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
- O prazo de presentación de solicitudes será desde o 14 de xaneiro ata o 7 de febreiro de 2019.
- Só serán aceptadas as solicitudes que sexan entregadas por sede electrónica.
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26652