Serán persoas beneficiarias
destas axudas a persoa traballadora autónoma que vai transmitir o seu negocio
por cesamento, e que no momento da transmisión estea nalgunha das seguintes
situacións no momento da transmisión do negocio:
a) Que teñan 63 anos ou máis.
b) Pola declaración de incapacidade total ou
absoluta (incluíndo grande invalidez) recoñecida polos órganos competentes da
Seguridade Social.
c) As persoas herdeiras no caso
de falecemento da persoa traballadora autónoma titular do negocio. No caso das
persoas traballadoras autónomas societarias, para ser beneficiarios desta axuda,
a transmisión das accións ou participacións da sociedade debe supoñer o control
da sociedade por parte do adquirente, é dicir, posuír máis do cincuenta por
cento das accións ou participacións da sociedade. No caso de transmisión do
negocio por ter a persoa traballadora autónoma 63 anos ou máis, debe levar máis
de 48 meses de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA).
Tamén será beneficiaria da axuda
a persoa que adquira o negocio e que estea dada de alta no Réxime Especial de
Traballadores Autónomos (RETA) tras a súa adquisición.
Subvencións
1. A persoa transmisora e a
persoa adquirente terán unha axuda consistente no pagamento do 100 % dos gastos
de asesoramento cun límite de 1.000 € para a persoa transmisora e de 1.500 €
para o adquirente. No caso de que o negocio teña varias persoas donas a axuda
consistirá no pagamento do 100 % dos gastos de asesoramento cun límite de 1.000
€ por negocio. Se o negocio ten varias persoas adquirentes para explotalo
conxuntamente a axuda será de 1.500 € por negocio. Na solicitude deberá indicar
se solicita a axuda como persoa transmitinte do negocio ou como persoa
adquirente do negocio.
2. O asesoramento poderá ser
efectuado por empresas, entidades ou profesionais adicados ao asesoramento e
polas asociacións de traballadores autónomos.
3. O asesoramento deberá
plasmarse nun contrato que deberá ter as cláusulas obrigatorias que figuran na
orde reguladora.
Prazo de presentación: ata o 30
de setembro de 2018.
A concesión será por orde de
presentación das axudas.
As solicitudes deben presentarse
obrigatoriamente por medios electrónicos
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180621/AnuncioG0424-080618-0002_gl.pdf