Ir al contenido principal

Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021


a) Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas.

Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que na data de presentación da solicitude sexan titulares, en condición de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizadonos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.

 A contía da axuda para a liña A, axuda ao alugamento de vivenda, será do 40 % da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento. Non obstante, para as persoas beneficiarias que na data de presentación da solicitude teñan máis de 65 anos, esta axuda
será do 50 % da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento.


b) Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: a
súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime
de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante
o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas.
Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ser titular ou estar en condicións de subscribir, en condición de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral,formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.
b) Ter menos de 35 anos na data de presentación da solicitude desta axuda.
A contía da axuda para a liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente, será do 50 % da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento.


Requisitos comúns ás dúas liñas de axudas.
a) A persoa beneficiaria deberá posuír a nacionalidade española; no caso de que sexa estranxeira, deberá ter a residencia legal en España.
b) Que a vivenda arrendada constitúa ou vaia constituír a residencia habitual e permanente da persoa beneficiaria durante todo o período polo que se conceda a axuda. Para estes efectos, as persoas integrantes da unidade de convivencia deben constar empadroadas
na vivenda obxecto do contrato de alugamento na data da presentación da solicitude
ou, tratándose de axudas da liña B, no momento da presentación do contrato, para o caso
de que este non se achegase coa solicitude.
c) Que a renda mensual da vivenda que teñen alugada ou vaian alugar non supere os
importes establecidos no artigo 6.
d) Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 2,5 veces o IPREM. Este límite será de 4 veces o IPREM, se a unidade de convivencia é unha familia numerosa de categoría xeral ou ten persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a continuación. O límite será de cinco 5 veces o IPREM cando a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con algún dos seguintes tipos de discapacidade:
i) Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade
do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior
ao 33 %.
ii) Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou
superior ao 65 %.

e) Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,7 veces
o IPREM. Para o cómputo destes ingresos non serán de aplicación os coeficientes multiplicadores previstos no artigo 8.4.
f) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da unidade de convivencia
se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade
Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
g) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da unidade de convivencia
non estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003,
do 17 de decembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño,
así como que non se lles teña revogada, ou fosen obxecto dunha resolución de reintegro
dunha axuda, deste ou dun plan de vivenda anterior, por causa imputable a algunha das
persoas integrantes da unidade de convivencia.


Non poderá concederse a axuda cando a persoa solicitante ou algunha das persoas
integrantes da unidade de convivencia se atope nalgunha das situacións que a seguir se
indican:
a) Ser propietario ou usufrutuario dalgunha vivenda en España. Para estes efectos, non
se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae
unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por herdanza ou transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuaranse deste requisito as persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten a non dispoñibilidade dela por causa de separación, divorcio ou por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou dalgún membro da súa unidade de convivencia.
b) Que teña parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade
coa persoa arrendadora da vivenda.
c) Que sexa socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora.
d) Que sexa arrendataria dunha vivenda xestionada polo IGVS.



A renda mensual da vivenda obxecto do contrato de alugamento non poderá superar o importe de 300 euros (no concello de Cortegada). Non obstante o anterior, este importe poderán ser incrementados ata un 20 %, no caso de que as persoas arrendatarias sexan familias numerosas ou integrantes dunha unidade de convivencia que precise unha vivenda adaptada para algún dos seus membros.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de xullo de 2018

Máis información:




Entradas populares de este blog

Subvenciones para el Programa de modernización del comercio: Fondo Tecnológico, en el marco del Plan de recuperación, transformación y resiliencia financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU, y se procede a su convocatoria para el año 2023 (código de procedimiento CO300G)

 Subvenciones en régimen de concurrencia no competetiva. 1. Las solicitudes se presentarán obligatoriamente por medios electrónicos, a través del formulario normalizado disponible en la sede electrónica de la Xunta de Galicia, https://sede. xunta.gal. 2. El plazo para la presentación de solicitudes será de un mes contado a partir del día siguiente al de la publicación de esta orden en el Diario Oficial de Galicia.  Las subvenciones serán concedidas hasta el agotamiento del crédito presupuestario de acuerdo con lo establecido no artículo 19.2 de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia 1.1. Línea de ayudas destinada a personas autónomas y pequeñas y medianas empresas comerciales.  Las personas físicas o jurídicas, comunidades de bienes o cualquier otro tipo de unidad económica o patrimonio separado sin personalidad jurídica, legalmente constituidas, que cumplan los siguientes requisitos:  a) Que el establecimiento comercial para el cual se solicita la ayuda tenga caráct

Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018- 2021 para o ano 2019

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 10 de outubro de 2019. Axudas para a concesión (código de procedemento VI432A) e a renovación (código de procedemento VI432B) dos seguintes programas de axudas ao alugamento de vivendas. a) Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económi­cos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas. b) Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente : a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas. Requisitos das persoas beneficiarias 1. Poderán ser beneficiarias das axudas da liña A , axuda ao alugamento de vivenda, as persoas físicas maiores de idade que na data da presentación da solicitu

PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE PARA PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

 Se establecen dos tipos de apoyo a las personas trabajadoras autónomas: 1ª. Para las que cesaron en su actividad y van a volver a emprender un negocio como personas trabajadoras autónomas y son demandantes de empleo en el momento previo a la nueva alta como persona trabajadora autónoma. Su finalidad es facilitar la vuelta a la actividad económica a la persona emprendedora a quien le fue mal en su anterior negocio pero que tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender, en el mismo o en diferente sector. 2ª. Para las que estén de alta como personas trabajadoras autónomas y quieren volver a emprender en otro sector. La finalidad es facilitar el cambio de actividad económica a la persona emprendedora que desea cambiar su actividad, tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender y quiere hacerlo en otros sectores económicos como los considerados emergentes o vinculados a la economía circular, entre otros. Los apoyos del progr