Beneficiarios: As persoas traballadoras autónomas que residan e teñan
domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva
dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data
da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un
rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados
na declaración do IRPF, anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima
anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da
convocatoria.
Quedan excluídos desta orde: a) Os familiares que, de maneira
habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas que non teñan
a condición de traballadores por conta allea conforme o establecido no artigo
1.3.e) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo
Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro. b) Os traballadores
economicamente dependentes a que se refire o capítulo III do título II da Lei
20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo.
Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade
empresarial ou profesional das persoas beneficiarias desta orde unha
subvención, mediante pagamento anticipado, de ata 3.000 euros. Esta axuda
destinarase a sufragar os gastos nos seguintes servizos: Profesionalización:
servizos de mellora da xestión financeira e procura de financiamento, servizos
de optimización de procesos de produción e cadea loxística, relanzamento
comercial, imaxe e comunicación e posicionamento web. Desenvolvemento
estratéxico: plan de mellora empresarial, márketing, redefinición do modelo de
negocio e identificación de socios e redes de cooperación. Tamén se poderá ter
en consideración calquera outro servizo ou actividade non incluído nos
parágrafos anteriores que poida ser considerado de maneira indubidable como
dirixido á mellora da competitividade.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31 de agosto de 2017.
As solicitudes deberanse presentar electrónicamente.
Máis información no DOG do 31 de xullo de 2017