Ir al contenido principal

SUBVENCIÓNS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO E A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA DAS PERSOAS GALEGAS RETORNADAS


Finalidad / Objetivo
Promover o retorno das persoas emigrantes galegas a través do fomento do autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega, subvencionando os gastos que leva consigo o seu establecemento como traballadores/as autónomos/as ou por conta propia, ou como socios/as traballadores/as de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.

Tipos de apoyo
Subvención en réxime de concorrencia non competitiva en réxime de mínimis.

Beneficiarios potenciales
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:

1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.

2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes das persoas galegas e nacidas en Galicia ata o segundo grao de consanguinidade incluído.

3. As persoas beneficiarias das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior convocadas pola Secretaría Xeral da Emigración.

Requisitos principales del proyecto
1. Requisitos comúns.

Todas as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:

a) Acreditar a condición de persoa beneficiaria de acordo co disposto no artigo 3.

b) Estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España.

c) Non ter transcorrido máis de dous anos entre a data do seu retorno a España e a data de presentación da solicitude de axuda ao abeiro desta resolución.

d) Residir e exercer a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Non ter sido beneficiaria desta axuda para a mesma actividade ao abeiro de anteriores convocatorias.

f) Non incorrer en ningunha das circunstancias e prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria de subvencións enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Requisitos específicos.

Ademais dos requisitos comúns, as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos, segundo se trate de persoas traballadoras autónomas ou por conta propia ou socias traballadoras de sociedades laborais ou de cooperativas de traballo asociado.

2.1. Persoas traballadoras autónomas ou por conta propia:

a) Ser titular dun negocio ou explotación ou formar parte dunha sociedade civil ou comunidade de bens. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.

b) Estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional que corresponda no período ao cal se refire o número 1.c) e, en todo caso, con anterioridade á presentación da solicitude.

2.2. Persoas socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado:

a) As entidades deberán estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais de Galicia ou no Rexistro de Cooperativas de Galicia.

b) Afiliación da entidade na Seguridade Social e de cada unha das súas persoas traballadoras no período a que se refire o número 1.c).

3. Quedan excluídas as persoas socias de sociedades mercantís e os autónomos colaboradores.

Inversiones o gastos computables
Serán gastos subvencionables os gastos de establecemento relacionados coa actividade, tales como gastos de notaría e rexistro, cursos técnicos específicos, subscricións, cotas de participación en asociacións empresariais ou profesionais e gastos de colexiación, servizos de profesionais (legais, asesoría, xestoría, consultoría, enxeñaría, arquitectura, auditoría...), servizo de prevención alleo do local e de seguridade, tributos, licenzas administrativas, gastos derivados do deseño, desenvolvemento, mantemento e soporte da páxina web e da pasarela de pagamento para a realización de vendas en liña, posicionamento web, publicidade e propaganda, primas de seguros, arrendamento e limpeza de local, arrendamento de maquinaria, arrendamento de vehículos, arrendamento e mantemento de equipamentos informáticos, e subministración de servizos imputables ao desenvolvemento da actividade (calefacción, gas, auga, electricidade, telefonía e internet...), xerados no período que comprende desde os tres meses anteriores á alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional que corresponda ata a finalización do prazo de xustificación recollido nesta resolución. Quedan excluídos do ámbito de aplicación desta resolución os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación e os impostos persoais sobre a renda.

Para estes efectos, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do referido prazo de xustificación.

En ningún caso son gastos subvencionables a fianza do alugamento, os avais bancarios, as cotas da Seguridade Social ou da mutualidade correspondente, os gastos de combustible de vehículos de motor e os gastos de representación.

Cuantía de las ayudas
1. O importe da subvención concedida será o 80 % dos gastos subvencionables estimados no orzamento presentado que correspondan á persoa solicitante en función da súa porcentaxe de participación, de ser o caso, ata unha contía máxima de 5.000 euros para o caso de persoas traballadoras autónomas ou por conta propia e de 7.000 euros para o caso de persoas socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.

O importe da subvención resultante do parágrafo anterior incrementarase no caso de concorrer as seguintes situacións e nos seguintes importes:

a) Cando a persoa solicitante teña 39 anos ou menos: 1.000,00 euros.

b) No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000,00 euros.

c) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural: 1.000,00 euros.

Plazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de setembro de 2018
Incompatibilidades
A obtención desta axuda é compatible con outras para o mesmo fin sen que, en ningún caso o seu importe poida ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade.
Referencia legislativa
Resolución do 21 de marzo de 2018 (DOG Nº66 do 05/04/2018) - Bases reguladoras e convocatoria 2018

Entradas populares de este blog

Subvenciones para el Programa de modernización del comercio: Fondo Tecnológico, en el marco del Plan de recuperación, transformación y resiliencia financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU, y se procede a su convocatoria para el año 2023 (código de procedimiento CO300G)

 Subvenciones en régimen de concurrencia no competetiva. 1. Las solicitudes se presentarán obligatoriamente por medios electrónicos, a través del formulario normalizado disponible en la sede electrónica de la Xunta de Galicia, https://sede. xunta.gal. 2. El plazo para la presentación de solicitudes será de un mes contado a partir del día siguiente al de la publicación de esta orden en el Diario Oficial de Galicia.  Las subvenciones serán concedidas hasta el agotamiento del crédito presupuestario de acuerdo con lo establecido no artículo 19.2 de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia 1.1. Línea de ayudas destinada a personas autónomas y pequeñas y medianas empresas comerciales.  Las personas físicas o jurídicas, comunidades de bienes o cualquier otro tipo de unidad económica o patrimonio separado sin personalidad jurídica, legalmente constituidas, que cumplan los siguientes requisitos:  a) Que el establecimiento comercial para el cual se solicita la ayuda tenga caráct

PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE PARA PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

 Se establecen dos tipos de apoyo a las personas trabajadoras autónomas: 1ª. Para las que cesaron en su actividad y van a volver a emprender un negocio como personas trabajadoras autónomas y son demandantes de empleo en el momento previo a la nueva alta como persona trabajadora autónoma. Su finalidad es facilitar la vuelta a la actividad económica a la persona emprendedora a quien le fue mal en su anterior negocio pero que tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender, en el mismo o en diferente sector. 2ª. Para las que estén de alta como personas trabajadoras autónomas y quieren volver a emprender en otro sector. La finalidad es facilitar el cambio de actividad económica a la persona emprendedora que desea cambiar su actividad, tiene la experiencia práctica y la iniciativa de volver a emprender y quiere hacerlo en otros sectores económicos como los considerados emergentes o vinculados a la economía circular, entre otros. Los apoyos del progr

Subvencións do programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021

Prazo de presentación: ata o día 22 de abril de 2021. Non obstante o anterior, o prazo de presentación de solicitudes rematará, en todo caso, no momento de esgotamento da partida orzamentaria Actuacións subvencionables . 1 . Consideraranse actuacións subvencionables para o fomento da conservación , as seguintes actuacións: a) As relativas ao estado de conservación da cimentación, da estrutura e das instalacións. b) As relativas ao estado de conservación de cubertas, azoteas, fachadas e medianerías, incluíndo procesos de desamiantado. c) As relativas á adecuación interior da vivenda unifamiliar, agrupada en fila ou en edificio de tipoloxía residencial colectiva, ás condicións mínimas de funcionalidade, habitabilidade, seguridade e hixiene legalmente esixidas. 2. Consideraranse subvencionables para a mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade , as seguintes actuacións: a) A instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas ou outros dispositivos de accesi