Subvencións para a instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex, así como en vivendas unifamiliares, que carezan deles
Prazo
de presentación de solicitudes: ata o 30 de maio ou, ata esgotamento do crédito
orzamentario.
1. Será
subvencionable a instalación de ascensores, de elevadores, de salvaescaleiras e
demais dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial
colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares, que carezan
deles.
2. Serán subvencionables
as actuacións preparatorias que se realizasen antes da data
da
presentación da solicitude, os honorarios dos profesionais que interveñan, os informes
técnicos e certificados necesarios e os gastos derivados da tramitación
administrativa. Así mesmo, serán subvencionables os custos en equipamentos, en
materiais, en obra civil e en man de obra necesarios para a instalación dos
dispositivos de accesibilidade. No custo total das obras non se incluirán os
gastos derivados de impostos, taxas e tributos.
3. Non serán obxecto de
subvención as actuacións en que se iniciasen as obras antes
da data
de presentación da solicitude.
4. Subvencionarase a
instalación de dispositivos de accesibilidade complementarios ao ascensor ou ao
elevador cando as limitacións de accesibilidade do edificio ou vivenda así o
requiran.
Contía da subvención: 60%
da subvención (de 1.000 a 25.000 euros, dependendo da tipoloxía)
Máis información:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180326/AnuncioG0423-150318-0001_gl.pdf